2
<head><title>Axuda de Enigmail: Lectura de mensaxes</title>
5
<h1>Axuda de Enigmail</h1>
7
<h3>Usando Enigmail para ler o correo</h3>
9
<li><b>Botón Descifra na ventá principal do correo</b><br>
10
Este botón pode utilizarse para diferentes propósitos: descifrar, verificar,
11
ou importar chaves públicas. Normalmente o descifrado/verificación sucede
12
de xeito automático, mais isto pode desactivarse a través das preferencias.
13
De todos xeitos, se isto falla, normalmente aparecerá unha mensaxe de erro na
14
liañ de estdo de Enigmail. Se fai clic no botón Descifrar, poderá ver unha
15
mensaxe de erro máis detallada, incluída a saída do comando GnuPG.
17
<li><b>Iconas do lápis e a chave na cabeceira da mensaxe</b><br>
18
As iconas do <em>lápis</em> e a <em>chave</em> ca cabeceira da mensaxe indican que
19
a mensaxe que está a ler está asinada e/ou cifrada e que a sinatura é correcta,
20
p.e. a mensaxe non mudou desde que foi asinada. Se a mensaxe tivese mudado, a icona
21
do <em>lápis</em> mudaría nun <em>láspis roto para indicar que a sinatura non é
22
correcta. Se fai clic co botón dereito sobre o lápis ou a chave aparecerá un menú
23
coas seguintes opcións:
25
<li><em>Información de seguridade OpenPGP</em>: permite ver o estado da saída de GnuPG
26
para esta mensaxe.</li>
27
<li><em>Copiar información de seguridade OpenPGP</em>: copia o estado da saída de
28
GnuPG ao portarretallos; para pegala nunha mensaxe de resposta, etc.</li>
29
<li><em>Ver ID de foto OpenPGP</em>: permite ver o <em>ID de foto</em>da persoa que
30
enviou a mensaxe, se é que tiña unha foto integrada na súa chave pública
31
(<em>Esta opción só estará activada se hai un ID de foto na chave.)</em></li>
32
<li><em>Información de seguridade S/MIME</em>: permite ver a información sobre
33
seguridade S/MIME para a mensaxe.</li>
35
<p>Se non ten definido <em>keyserver-options auto-key-retrieve</em> no seu ficheiro
36
<tt>gpg.conf</tt> e quere ler unha mensaxe asinada ou cifrada verá unha icona con un
37
<em>lápis</em> na área da cabeceira con un <em>símbolo de interrogación</em> enriba,
38
a liña de estado de Enigmail na cabeceira mostrará a mensaxe <em>Parte da mensaxe
39
asinada; prema na icona do lápis para máis detalles</em> e a mensaxe no panel da
40
mensaxe mostrará todos os bloques de sinaturas e indicadores de bloques de mensaxe OpenPGP.</p>
41
<p>Tamén pode ver isto se ten definido <em>keyserver-options auto-key-retrieve</em>
42
no seu ficheiro <tt>gpg.conf</tt> e a chave OpenPGP non está dispoñíbel no seu
43
sevidor de chaves.</p>
44
<p>Premendo na icona do <em>lapis e símbolo de interrogación</em> aparecerá unha ventá
45
advertindo que a chave non está dispoñíbel no seu anel de chaves. Premendo en OK
46
aparecerá outra ventá con unha lista de servidores de chaves dos cales pode seleccionar
47
desde onde descargar a chave pública da persoa que lle enviou o correo.</p>
48
<p>Para configurar a lista de servidores de chaves que quere usar, vaia á pestana
49
<b>Enigmail -> Preferencias -> Básico</b> e introduza os enderezos dos servidores
50
de chaves na caixa <em>Servidor(es) de chaves:</em> separados por comas.
51
<em>O primeiro servidor da lista será o que se utilice como servidor de chaves predeterminado.</p></em>
53
<li><b>Abrir ficheiros adxuntos cifrados / importar chaves OpenPGP adxuntas</b><br>
54
Anexos nomeados *.pgp, *.asc e *.gpg son recoñecidos como anexos que poden ser
55
manexados especialmente por Enigmail. Facendo clic co botón dereito neses ficheiros
56
adxuntos actívanse dous elementos de menú especiais no menú contextual: <em>Descifrar
57
e abrir</em> e <em>Descifrar e gardar</em>. Use estes dous elementos do menú se quere
58
que Enigmail descifre un anexo antes de abrilo ou gardalo. Se un anexo é recoñecido como
59
un ficheiro de chave OpenPGP, ofreceráselle importar as chaves no seu anel de chaves.
63
Pode consultar máis información na
64
<a href="http://www.enigmail.net/support/" target="_blank">páxina web de axuda de Enigmail</a>