28
28
<p>Se os seus altofalantes ou auriculares teñen un conector «Jack», conécteo na toma axeitado do seu equipo. A maioría dos computadores teñen dous zócalos: un para micrófono e outro para os altofalantes. Busque unha imaxe de auriculares xunto ao zócalo. Normalmente de maneira predeterminada úsanse altofalantes ou auriculares conectados a unha toma «Jack». Se non é así, vexa a continuación as instrucións para seleccionar o dispositivo predeterminado.</p>
30
<p>Algúns computadores permiten a saída de varias canles para son envolvente. Xeralmente usan clavixas «Jack» múltiples, que a miúdo están codificadas con cores. Se non está seguro de que se enchufa en cada zócalo, pode probar a saída de son na configuración de son. Prema no seu nome na barra superior e seleccione <gui>Preferencias do sistema</gui>, a continuación, prema na <gui>Son</gui>. Na lapela <gui>Saída</gui>, seleccione os altofalantes na lista de dispositivos, prema en <gui style="button">Probar altofalantes</gui>. Na xanela emerxente, prema no botón para cada altofalante. Cada botón dirá a súa posición só na canle correspondente a ese altofalante.</p>
39
32
<p>Se ten uns altofalantes ou uns auriculares USB, ou uns auriculares analóxicos enchúfeos en calquera porto USB. Os altofalantes USB actúan como dispositivos de son separados, e pode ter que especificar que altofalantes usar de maneira predeterminada.</p>